Create Your First Project
Start adding your projects to your portfolio. Click on "Manage Projects" to get started
SAIBRAN
SAIBRAN
📍Estarán actuando no DESORDES SONORAS o sábado 8 de agosto.
Entrada de balde / Parque da Constitución /
Saibran é o proxecto persoal de Cibrán García, coñecido por formar parte dos máis que coñecidos Boyanka Kostova. Un espazo creativo no que explora novas linguaxes musicais a través dun rap que combina o humor, a ironía, a instrospección e a reivindicación, abríndose a experimentar con diferentes sons e colaboracións.
O seu primeiro disco, "Atardecer harmonioso con gotas de primavera", é o inicio dunha triloxía que acompaña o tránsito do solpor ata o amencer. Gravado e producido por Julián Goicoa e composto xunto a Fiz García, o álbum reúne sete temas que evolucionan desde ambientes máis pausados ata ritmos electrónicos de maior intensidade, con colaboracións de Mundo Prestigio e DJ Mil.
Nos directos, Saibran presenta unha proposta enérxica con voz, baixo, batería e samplers, na que conviven o máis orgánico coa electrónica contemporánea. Un espectáculo dinámico que reflicte a inquietude creativa do artista e o consolida como unha das propostas máis singulares da nova escena do rap galego.
+ info:
https://orcd.co/porro_pola_rua




