top of page

Create Your First Project

Start adding your projects to your portfolio. Click on "Manage Projects" to get started

SAIBRAN Dj Session

SAIBRAN
📍Estará pinchando na SESIÓN VERMÚ do DESORDES SONORAS o sábado 8 de agosto.
Entrada de balde / Parque da Constitución / De 13:00 a 15:30 h.

Saibran chega a DesOrdes Creativas cunha sesión pensada para converter a pista nun espazo de encontro e celebración. Cun estilo versátil e unha gran capacidade para conectar co público, constrúe percorridos musicais que mesturan ritmos latinos, reggaeton, hip hop, bachata e outros sons urbanos, sempre cun ollo posto nos clásicos que nunca pasan de moda.

Nesta edición estará presente en dous momentos clave do festival: será o encargado de poñer a banda sonora da sesión vermú ao mediodía e volverá aos pratos para pechar a noite coa última sesión da xornada.

Cada actuación evoluciona segundo a enerxía do momento, alternando temas actuais con himnos de diferentes épocas para manter o baile vivo de principio a fin. Unha proposta festiva e sen etiquetas que encaixa coa filosofía de DesOrdes Creativas: compartir música, celebrar a diversidade e facer da rúa un lugar para bailar xuntas.

©2025 DesOrdes Creativas.  

bottom of page