top of page

Create Your First Project

Start adding your projects to your portfolio. Click on "Manage Projects" to get started

MILU CORRECH (Arxentina)

Eu non creo nas meigas, pero habelas hainas, repetía o refraneiro popular…

Este mural forma parte da xa extensa serie de murais e cadros adicada ás bruxas, na que Milu desenrola un imaxinario narrativo propio e enigmático, no que se adiviñan reflexións sobre o que sifnificou e significa ser unha meiga e no que se poñen en cuestión certos resortes e pilares da cultura occidental imperante.

Durante séculos, ser a diferenza, a outredade (con tódalas súas complexidades que as distintas épocas dictaban), significaba practicamente ser unha meiga polo simple feito de ser.
A pouco que te saíras do regho tiñas gañado o San Benito e de agasallo unha cacharela personalizada… Ser crítica, diferente ou sabia outorgábanche entrada VIP no altar de lume. Xa non falemos se, coma nesta suxerente imaxe que nos brinda a artista arxentina, a cuestión do xénero e a súa expresión entraba en xogo para rebentarlle os oxidados miolos ao corpo represor de turno. Ufff. aí xa… Ainda quedan moitos miolos que abrir a día de hoxe…

©2025 DesOrdes Creativas.  

bottom of page