Create Your First Project
Start adding your projects to your portfolio. Click on "Manage Projects" to get started
SOKRAM
Coma un poderoso coloso emerxeu o gólem do capitalismo nas nosas vidas, e con él, a especulación urbanística e o feísmo, fenómenos que derrotaron sen piedade á arquitectura autóctona e de paso á lóxica do ben común, eso si, enarbolando a bandeira do progreso a base de ladrillo, amianto ou cemento.
A inercia dese pétreo xigante, inamobible, sen ialma nin vontade (só ao servizo do amo), destruíu con demasiado ao seu paso, arrasando coa beleza inherente de aldeas, vilas e cidades, mudando o vello polo novo sen nin sequera preguntarse por un intre se era necesario ou a millor opción.
Ademáis, coma unha sorte de autoodio ou de falta de autoestima galaica (pregúntome de onde ven…?), sumado ao cocktail de desregularización, caciquismo, pobreza, represión cultural, emigración, ignorancia e tamén hai que dicilo, mal gusto, as poboacións da Galiza están sumidas nun caos urbano e feístico, pragado de auténticas cafradas e orixinais aberracións arquitectónicas, moi dificiles de arranxar… A non ser que veña unha Hortensia 2.0 ou unha guerra que arrase con boa parte do desastre.
Este mural pretende ser unha ilustración desta loita entre a cultura e a barbarie, e tamén, unha homenaxe ao noso oficio e ao propio festival. 14 anos xa, que se din pronto.
Non sei se o conseguín pero esa foi a miña intención, e de paso, facelo dun xeito que tivese en conta o entorno no que está a parede, enfronte dun colexo de primaria, ao que fun de pequeno, e que a rapazada que alí se tenta educar puidera recibir con agrado a linguaxe usada e empatizar co mural facilmente.
Se lles gusta a eles, doume cun canto nos dentes… (Eles son os que controlan disto…)












