top of page

Create Your First Project

Start adding your projects to your portfolio. Click on "Manage Projects" to get started

MØU

Møu comeza a súa andaina musical a principio dos anos 90, é atraido
fortemente polas novas músicas urbanas que chegaban dende o “underground” do outro lado do Atlántico, sobre todo o Hip Hop e a electrónica. no ano 95 pasa a formar parte do grupo pioneiro de hip hop en galego “5 Talegos” onde a parte de escribir as súas primeiras letras comezaría a introducirse no mundo do “beatmaking” e da produción
electrónica, xirando pola escena galega ata 2002.

En 2003 Funda, en Ordes, xunto con antigos compañeiros de “5 Talegos” e con compoñentes do grupo “Ghamberros” o colectivo Dios Ke Te Crew, referente e pedra angular do hip hop feito en galego, onde continúa militando ata a actualidade e. publicando decenas de traballos discográficos.

Ao DesOrdes Sonoras traenos a súa faceta como selector musical, onde convidará a viaxar por diferentes estilos dende o funk máis orgánico ata a electrónica máis actual.

©2035 by Urban Nomad Adventures. Powered and secured by Wix

bottom of page