top of page

Create Your First Project

Start adding your projects to your portfolio. Click on "Manage Projects" to get started

HELEN BUR ( Reino Unido)

HELEN BUR ( Reino Unido)
📍Estará pintando en: Rúa da Reverencia, 42. Ordes

HELEN BUR (Reino Unido)

Helen Bur (1990) é unha artista británica que desenvolve o seu traballo entre o seu estudo en Cornualles (Reino Unido) e numerosos proxectos internacionais de arte urbana situándose como unha das maiores referentes do circuito a nivel internacional nos últimos anos. A súa práctica transita entre a pintura ao óleo sobre lenzo e a pintura mural, empregando unha linguaxe figurativa de forte influencia clásica.
As súas obras adoitan capturar figuras en instantes de aparente calma ou suspendidas en situacións enigmáticas, construíndo narrativas delicadas e poéticas nas que o cotián adquire un carácter surrealista. As súas pinturas suxírennos emocións e lecturas abertas, explorando a relación entre a experiencia íntima e as cuestións universais.
O seu extenso traballo pode atoparse en muros de todo o mundo, desde Brasil ou a India ata Estados Unidos e numerosos países europeos, participando en algúns dos festivais e proxectos de arte urbana máis relevantes da escena internacional. Paralelamente, expuxo a súa obra en mostras individuais no Reino Unido, España e Dinamarca, ademais de formar parte de exposicións colectivas en galerías e feiras de arte de prestixio.
Entre 2013 e 2015 codirixiu o festival de arte urbana Empty Walls en Cardiff e tamén o espazo creativo The Abacus, experiencias que reforzaron unha das ideas centrais da súa práctica: a importancia do diálogo entre a creación artística e a comunidade.
En DesOrdes Creativas celebramos esa capacidade para transformar o espazo público a través dunha pintura cargada de sensibilidade e humanidade. A súa intervención na 19ª edición do festival convidará a deterse, observar e descubrir esas historias que habitan entre a realidade e a imaxinación.

+ info:
https://www.helenbur.com/

©2025 DesOrdes Creativas.  

bottom of page