top of page

Create Your First Project

Start adding your projects to your portfolio. Click on "Manage Projects" to get started

INO

Artista: INO / Título: "Roaming no paraíso" / Edición 2015

A obra estaba emprazada nun dos muros principais do Instituto Maruxa Mallo e engadíase á lista de obras que xa contén o recinto escolar, realizadas en anteriores edicións do festival.

Dende un claro punto de vista irónico, INO amósanos unha estampa na que albiscamos un Poseidón que se parte en dous ao facerse un selfie. O artista ateniense reflexiona sobre presente e futuro neste mundo no que semella importar máis amosar que estiveches, que desfrutar do feito de estar. Un lugar onde ata os deuses se despreocupan dos seus fieis, moito máis atentos do seu propio pelexo, e de subilo a instagram claro.

©2025 DesOrdes Creativas.  

bottom of page