top of page

Create Your First Project

Start adding your projects to your portfolio. Click on "Manage Projects" to get started

EMILIO CEREZO (Murcia/España)

EMILIO CEREZO
📍Estará pintando en: Viriato Lamas, Ordes.

Emilio Cerezo é un dos principais referentes da abstracción no ámbito do muralismo en España e un referente nese campo na escea internacional. Inicia a súa traxectoria artística a mediados da década dos 2000, cando se traslada a Granada para cursar Belas Artes, licenciándose en 2009 coa especialidade en pintura.

A súa práctica evoluciona a través de distintas etapas, desde unha figuración de forte carga expresionista, baseada na mancha e na cor, cara a unha linguaxe pictórica cada vez máis sintética, onde a paisaxe, os espazos interiores e a atmosfera conviven coa distorsión, o ruído visual e a abstracción. Este proceso de depuración formal converteuse nun dos trazos máis recoñecibles do seu traballo nos últimos anos e marcando un estilo persoal moi recoñecible.
A súa obra desenvolve unha intensa relación co espazo público, ámbito no que realizou intervencións en numerosos festivais e encontros internacionais de arte urbana en España, Francia, Italia, Alemaña, Estados Unidos ou Brasil entre outros. Paralelamente, mantén unha sólida produción de estudo, presentada en exposicións individuais e colectivas en cidades como Granada, Murcia, Barcelona, Bilbao, Madrid, Turín, Miami ou Toquio.
Nesta 19ª edición do DesOrdes, Emilio incorporarase a este contínuo diálogo co noso territorio achegando a súa particular mirada na que pintura mural e investigación plástica se fundirán coa paisaxe urbana e rural do contexto Ordense.

+ info:
https://www.instagram.com/emiliocerezo/

©2025 DesOrdes Creativas.  

bottom of page