Create Your First Project
Start adding your projects to your portfolio. Click on "Manage Projects" to get started
MATTHIEU POMMIER ( Francia )
MATTHIEU POMMIER ( Francia )
📍Estará pintando en: Rúa Paraíso 82, Ordes.
MATTHIEU POMMIER (Francia)
Matthieu Pommier é, ao noso parecer, unha das figuras máis relevantes e interesantes da escena francesa da arte mural. Iniciou a súa traxectoria pintando muros na Bretaña —un territorio atlántico que dende aquí poderiamos chamar, chovinistamente, a Galicia francesa—, onde a paisaxe portuaria, a cultura mariñeira e a relación co océano marcaron profundamente a súa mirada artística.
A súa obra combina pintura mural e pintura de estudo nunha linguaxe figurativa de gran riqueza cromática, onde a memoria, a arquitectura e os obxectos cotiáns constrúen escenas abertas á interpretación. Entre o real e o imaxinado, as súas composicións invitan a descubrir historias que se desenvolven con naturalidade e unha sutil sensación de estrañeza.
Como sabedes no DesOrdes confiamos plenamente na liberdade creativa das artistas e artistas convidados e na súa capacidade para dialogar co territorio desde unha mirada aberta, honesta e humana. Entendemos a arte (urbana) como unha práctica adulta e madura, que debe desenvolverse sen tutelas, sen imposicións, manexando o espazo público coma calquer espazo creativo ou expositivo de liberdade, con lugar para a experimentación, o risco e mesmo o erro, porque é precisamente nesa liberdade onde nacen as intervencións máis auténticas e significativas. A participación de Matthieu Pommier nesta 19ª edición nace desa confianza compartida e da certeza de que a súa obra establecerá un diálogo singular co lugar e coas persoas que o habitan.
+ info:
https://www.matthieupommier.com/






















