Create Your First Project
Start adding your projects to your portfolio. Click on "Manage Projects" to get started
ANA LANGEHELDT
“CARA B”
Mural por @ana_langeheldt
Escola de Música, Campo da Feira, Ordes.
Ana langeheldt cando crea faino dende a alma e as entrañas, escoitando con atención o que lle teñen que dicir cerebro, corazón e estómago, e o que estes lle murmuran, ou lle berran, tradúceo en imaxes con mestría de intérprete.
Das súas pinturas agroman intensas sensacións e abisais sentimentos, estadios moi humanos
e paixóns universais, como o crebadizo queixido dun cantaor flamenco ou o ancestral aturuxo dunha cantareira de Ordes.
Neste caso as notas brotaron dos seus pinceis pra invadir a parede da Escola Municipal de Música e compuxeron esta colorida e expresiva partitura que cremos soa estupenda dende o escenario que lle tocou conquistar.












