Create Your First Project
Start adding your projects to your portfolio. Click on "Manage Projects" to get started
YOSEBA MP ( Clase maxistral)
CLASE MAXISTRAL con YOSEBA MP / Retrato friki: "Cando as series eran ao mediodía"
Data: venres 8 e sábado 9 de agosto / Horarios: de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 19:00 h. / Lugar: Parque da Constitución
 
PRAZAS LIMITADAS (só 8 alumnxs ) - Actividade gratuíta!
 
Reserva a túa praza! >> Envíanos un email con este formulario de contacto  incluíndo "Clase Maxistral con Yoseba MP" , xunto cos teus datos: nome, apelidos, email, tfno e link aos teus traballos (web, portfolio ou rrss.)
 
 
Yoseba Muruzábal, afincado en Santiago de Compostela, é un dos máximos expoñentes da pintura contemporánea en Galiza. A súa obra caracterízase por un marcado estilo realista, e en ocasións unido ao surrealismo e a un frikismo latente, onde mostra escenas cotiás, a través dunha pincelada moi suxestiva e de forte influencia fotográfica. É creador da serie de murais chamada 'Fenómenos do rural' onde as nosas avoas se converten en superheroínas dotadas de poderes sobrehumanos, rendendo así homenaxe á muller como figura crucial na nosa sociedade. 
 
Esta actividade está pensada e vai dirixida a un público obxectivo relacionado coas artes plásticas, que teña algún tipo de experiencia, formación ou relación coa arte.
 
RETRATO FRIKI: "CANDO AS SERIES ERAN AO MEDIODÍA"
Durante duas xornadas viaxaremos a 80´s e 90´s, a esas sobremesas calurosas de verán onde Michael Knight, Steve Urkel, Magnum ou M.A Barracus eran os xefes indiscutibles da parrilla televisiva. Yoseba MP traenos esta delirante e nostálxica 'master class' de iniciación ao retrato e a pintura rápida, onde ti elixes a túa personaxe favorita! Dende Alf ata Mitch Bukanan, de Balki Baltokomus ata McGyver. Unha viaxe ao pasado a través do retrato! Elixe a qué máis che poña ou trae a túa personaxe fetiche!!
 
+ sobre Yoseba MP:
https://www.instagram.com/yoseba_mp
 





















































