Es propietaria/o? Cede o teu muro!
Se es propietaria/o ou pertences a unha comunidade de veciñxs e estás interesado/a en que se faga un mural gratuitamente na túa propiedade, estás de sorte!!
É moi doado, só tes que poñerte en contacto connosco por medio deste formulario de contacto e tendo en conta estas premisas:

Ten en conta
1. CUSTE CERO PARA O PROPIETARIO/A: O custe do mural será asumido pola organización do festival, eximindo de calquer custe e responsabilidade ao propietario do inmoble. O festival correrá a cargo de tódolos custes que éste supón, como son a loxística, os materiais, os honorarios e dietas do artista, etc.. Ademáis a organización do festival encargarase de conseguir tódolos permisos legais para levar a cabo a obra, así como de cumplir con tódalas normativas de seguridade laboral durante a execución da obra. 2. LIBERDADE CREATIVA: Se cedes a túa parede, ten en conta que se trata dun festival de arte na rúa fundamentado principalmente na liberdade creativa e na expresión artística. Non se trata dun encargo privado, é por iso que para os propietarios/as non ten custe algún. Polo tanto deberás confiar na traxectoria e criterio de selección do festival e na calidade artística dos artistas participantes e dar liberdade creativa para realizar a súa obra na túa propiedade. 3. MÍNIMO DE PERMANENCIA DAS OBRAS: A obra que se realice na túa propiedade terá que ter unha permanencia mínima de 5 anos, agás que suceda algún tipo de emerxencia estructural (obras por desperfectos na propiedade que esixan irremediablemente o borrado do mural). Isto é así, porque temos que ter en conta, que se trata dun festival de arte pública, financiando polo concello e a deputación da coruña, cunha inversión pública no ben común que é o casco urbán do pobo, polo que esta inversión deberá ter un percorrido mínimo de vida nos vindeiros anos despois da súa realización. Para a formalización da cesión do muro, o propietario firmará un documento entre as dúas partes (propietario e festival) no que se especificarán estas premisas e se dará formalidade legal a este acordo entre as partes.








