Create Your First Project
Start adding your projects to your portfolio. Click on "Manage Projects" to get started
ANETTA LUKJANOVA (Finlandia)
ANETTA LUKJANOVA (Finlandia)
📍Estará pintando en : Rúa República Argentina, 10, 15680 Ordes.
Anetta Lukjanova (1993) é unha artista visual con base en Helsinki, Finlandia, que nos últimos anos se consolidou como unha das creadoras máis interesantes da nova escena europea da arte mural. O seu estilo bebe do realismo máxico contemporáneo e caracterízase pola combinación de imaxes xeradas mediante ilustración dixital coa forza expresiva, o realismo e a organicidade xestual da pintura clásica ao óleo.
A construción das súas composicións a partir da xuxtaposición de imaxes lentas e rápidas está moi presente tanto nos seus murais de gran formato como nas súas pinturas de estudo. A través delas crea universos visuais nos que a memoria, os símbolos e a cultura contemporánea dialogan nun equilibrio entre o íntimo e o colectivo, convidando a múltiples interpretacións.
Nos últimos anos participou en destacados festivais internacionais de arte urbana e desenvolveu intervencións en diferentes países europeos, consolidando unha práctica que combina un sólido dominio técnico cunha constante investigación visual.
En DesOrdes Creativas atopamos na súa obra unha maneira de entender a arte urbana que conecta plenamente coa filosofía do festival: unha creación libre, sensible e capaz de establecer vínculos co territorio e coas persoas desde a imaxinación e a emoción. A súa participación nesta 19ª edición nace da confianza na capacidade das artistas para transformar o espazo público desde a liberdade creativa, asumindo a experimentación e o risco como parte esencial de todo proceso artístico.
+ info:
https://anettalukjanova.com/




















