
Edición 2026: 19 anos de DesOrdes!
DesOrdes Creativas é un festival internacional de arte na rúa que se celebra en Ordes (A Coruña) dende 2008. Nesta edición 2026 cumprimos19 anos e terá lugar do 31 de xullo ao 9 de agosto. Durante estes 10 días levaranse a cabo murais de gran formato, intervencións artísticas, concertos, master classes, obradoiros, rutas guiadas, feira de obra gráfica...
Segue lendo para non perderte nada!
Ordes ´é unha GRANDE GALERÍA DE ARTE a ceo aberto con máis de 100 OBRAS que se sitúa como un dos lugares máis emblemáticos do estado neste eido e como a maior concentración de arte urbana da Galiza.
Un MUSEO GRATUÍTO cun alto valor artístico, con moitas obras de moitos dxs artistas máis relevantes da escea da arte urbana mundial como por exemplo: MILU CORRECH, BLU, CINTA VIDAL, LIQEN, LIDIA CAO, ERICA IL CANE, LIQEN, PAOLA DELFÍN, AXEL VOID, GLEO ou AEC INTERESNI KAZKI entre moitxs outrxs.
Que facer no DesOrdes?
Sumérxete na cultura urbana e aprende novas técnicas da man de auténticos mestres.
Desfruta da música en directo das bandas convidadas durante o día grande de festa fin de festival co:
DesOrdes Sonoras: Sábado 8 de agosto
Se es artista e queres participar no DesOrdes, podes contactarnos e ofrecer a túa candidatura para vindeiras edicións.
Se es propietaria/o dunha parede e che gustaría ter un mural alí de xeito totalmente gratuíto, só tes que contactarnos!






























