


RUTA GUIADA GRATUÍTA
DATA: Sábado 8 de agosto, 2026.
HORARIO: de 11:00 h a 13:00.
LUGAR: Saída e retorno dende o Parque da Constitución, Ordes.
O sábado 8 de agosto ofrecemos unha Ruta guiada gratuíta polo casco urbano de Ordes para coñecer este gran museo de arte urbana con máis de 120 murais.
Faremos un percorrido polas obras máis emblemáticas realizadas durante os 19 anos de festival. O percorrido sairá e rematará no Parque da Constitución, onde ao final da ruta desfrutaremos da SESIÓN VERMÚ con EMBRUXO e SAIBRAN Dj Session, así como outras actividades paralelas como a Feira de obra gráfica, Fresh Caricaturas con Fechán, etc..
Ver a programación completa para máis info:

Rutas Guiadas concertadas
Ofrecemos rutas guiadas para grupos durante todo o ano
Solicita a túa ruta e ven a coñecer esta grande galería de arte a ceo aberto!
Cando e onde?
Durante todo o ano podes solicitar a túa visita guiada pola vila de Ordes (A Coruña) para descubrir este gran museo de arte urbana ao aire libre, con máis de 120 murais realizados por algunhas das figuras máis relevantes da escena internacional da arte urbana.
Faremos un percorrido polas obras máis emblemáticas creadas ao longo dos 18 anos de historia do festival.
Guía experta
A equipa de Mutante Creativo, organizadores do festival, artistas e expertos en arte urbana e muralismo, serán os encargados de guiar esta ruta, na que poderás descubrir ao detalle os segredos que agocha cada obra (mensaxes, autoría, técnicas, procesos, curiosidades, etc.).
Prezos e condicións
-
Prezo: 15 € por persoa. Menores de 10 anos, de balde (acompañados).
-
Grupos: mínimo de 5 persoas adultas.
-
Duración: 2 horas.
-
Saída: Parque da Constitución, Ordes.
¡Reserva a túa ruta agora!
Solicita xa a ruta para o teu grupo de viaxe, amizades, centro educativo, asociación, etc.
Para grupos máis reducidos ou grupos numerosos de escolares, solicita máis información escribíndonos a:

























