Create Your First Project
Start adding your projects to your portfolio. Click on "Manage Projects" to get started
RESKATE
Enlace
Fecha
2020
“Somos semente”
Galiza, ainda que semelle estrano, foi terra de oliveiras. Coñécese que por mor da Revolta Irmandinha (revolta social no século XV na contra dos abusos por parte da nobreza galega) os Reis Católicos interviron pra debilitar a economía e a autoxestión. Durante o seu reinado arrincáronse oliveiras e ás que ficaron, aplicáronselles uns impostos que fixeron insostible o seu cultivo.
Un feito histórico máis da coñecida como “doma e castración de Galiza” que levaron a cabo naqueles anos e que fixeron mella na deriva político, social e cultural dos seguintes séculos en Galiza como nazón sen estado. Unha represión que afectou a todos os ámbitos e que pode evidenciar certas tendencias socio culturais, políticas e económicas da Galiza actual.
Hoxe en día estase promovendo o cultivo de oliveiras en varios puntos da comunidade e semella que un dos produtores de Ordes podería presentar o seu aceite no 2021.
Quizais lembrar o comezo dun declive, poida axudar a albiscar un futuro mellor, máis autónomo, digno e orgulloso.
















