Create Your First Project
Start adding your projects to your portfolio. Click on "Manage Projects" to get started
SEKONE
Os cans teñen a grafiteira costume de defender o seu territorio e de marcar alí por onde pasan deixando o seu rastro. Coma aquel proto-artista urbano (un desconhecido soldado americano ) coa famosa personaxe que exclamaba: 'KillRoy Was Here', a cadela Dana pasa agora a formar parte do noso imaxinario colectivo e tamén do seu propio escenario; e en consecuencia da súa propia historia (da casa e da familia). Cando Dana xa non esté, ela seguirá estando... E onde mellor que na súa zona de confort..? No seu territorio, aquel que defende, onde están os seus, onde se sinte forte e querida; e onde a recordarán...
Sekone chegou a Ordes coa firme intención de integrar e contextualizar a súa obra ao máximo no entorno, coa convicción de gañarse a confianza dos propietarios da parede e da veciñanza do barrio.
E que millor xeito que conquistando á centinela da mesma, dona e señora do perímetro a pintar. Amplificada na sua propia atalaia de confianza, esa que Sekone tivo que escalar a pulso día tras día e con moito agarimo, ladrido tras ladrido... pincelada tras pincelada...










