top of page

Create Your First Project

Start adding your projects to your portfolio. Click on "Manage Projects" to get started

PAOLA DELFÍN (México)

Tipo de proyecto

mural

Fecha

Agosto 2024

Ubicación

Rúa Rosalía de Castro, 12, 15680 Ordes, A Coruña

“MENSAXE DO MAR"
Mural de @paola_delfin, Ordes (Galiza). Agosto, 2024.
17ª edición do @desordescreativas festival.

O mural da artista mexicana PAOLA DELFÍN para esta 17ª edición do DesOrdes, rinde unha fermosa e necesaria homenaxe á figura de Maruxa Mallo, unha das artistas primixenias do movimento surrealista e figura esencial das vangardas pictóricas do século pasado.

A “Sen sombreiro”, a “Muller das 20 ialmas”, personaxe revolucionaria en moitos sentidos e que, como moitxs outrxs cando os fascistas se levantaron en armas, tivo que exiliarse da súa terra para salvar a vida e perseguir a liberdade, non só ideolóxica senon tamén persoal, nunha época onde a representación feminina na sociedade, a arte e a cultura sempre estaban reprimidas.
Ela, xunto con outras mulleres, rachou esquemas e non tivo medo aos prexuízos que a rodeaban, adicando a súa vida á arte e a crear obras que desafiaban o politicamente correcto cun estilo único e poderoso, a miúdo lembrando a súa terra (Galiza) e facéndoa parte da súa obra.

Esta recreación da súa mítica obra “MENSAXE DO MAR” serve como veneración, amor e respecto por parte de Paola Delfín, que namorou da súa peculiar figura ao coñecer a magnitude da súa persoa e obra. Serve tamén como lembranza ao seu grande legado, así como ao de todas as mulleres artistas e creadoras que loitaron por un espazo visible nun mundo que non lles resultaba doado brillar coa luz que realmente irradiaban… Máis a pesar disto, non se detiveron e continuaron a crear con valentía e dignidade, abríndolles o camiño ás que lles seguiron para seguir procurando o equilibrio ata atopar a verdade.

Grazas Maruxa, “metade anxo, metade marisco”, por existir…
E grazas Paola, por atopar a inspiración nela e agasallarnos a túa maxia con esta obra tan magnífica, xusta e necesaria.

👁️ @mutantecreativo (Comisariado)

©2035 by Urban Nomad Adventures. Powered and secured by Wix

bottom of page