top of page

Create Your First Project

Start adding your projects to your portfolio. Click on "Manage Projects" to get started

ANNA TARATIEL (mural)

Ubicación

Enlace

Enlace

Sin título
Mural de ANNA TARATIEL
📍Situación: Rúa Viriato Lamas, Ordes.

A artista catalana Anna Taratiel agasallounos con esta nova peza situada no barrio ordense do Piñeiro. Unha obra colorista, inspirada nas gamas cromáticas da natureza do propio entorno e nas formas da arquitectura tradicional e moderna que a sustentan e a rodean.

Tonalidades verdes, terras, cremas e tellas combínanse para dar forma a unha dinámica estrutura que nos leva dende o interior ata o exterior e nos adentra nun xogo compositivo entre patrón e variación. As imaxes recollidas dos diferentes ritmos e motivos dos tellados, os balcóns, as chimeneas, as paredes ou as fiestras deste antigo barrio, combináronse para dar forma a esta abstracta e xeométrica composición.

Por medio de planos de cor, liñas rectas, tintas uniformes e sutís degradados de cor, Anna móvenos con delicadeza nun mapa sen fronteiras entre o bidimensional e o tridimensional, que se sitúa a si mesmo balanceándose na propia parede como unha escultura da propia estructura do edificio.

+ info:
https://www.taratiel.com/

©2035 by Urban Nomad Adventures. Powered and secured by Wix

bottom of page