Create Your First Project
Start adding your projects to your portfolio. Click on "Manage Projects" to get started
HIGH PAW
Videos High Paw
High Paw é unha das voces de referencia na escea reggae/dance hall estatal e sen dúbida a principal expoñente destes xéneros na escea galega.
Combinando as súa paixón pola música e a escritura, móvese con mestría entre os diversos paus da música xamaiquina ou fluíndo con freshcura e facilidade noutros estilos como rap, RnB ou bossa nova.
Ao longo da súa carreira ten participado e colaborado en diversos proxectos musicais con estilos variopintos, como Vgo Negro Son, Wöyza presenta Wötown, Beehive Compañía, Elephants e Paw, Ofer Selectah, Women Soldier entre outros.
Viaxou e actuou por diferentes paises en Latinoamérica e Europa, pisando multitude de escenarios de referencia e afianzándose como figura esencial do xénero na escea estatal.
Alá polo 2016, lanzou o seu primeiro EP, "Searching for the Recipe”. En 2020, publica dous vinilos:, o LP "Solid as the clock" con Cool Up Records, e en 2021, o EP "Novas Herbas" con Elephants e Paw. En 2023, lanzou a súa última refererencia "Steven Meyor", un EP con sons máis próximos ao RnB, producido por ela mesma.
Nestes DesOrdes Sonoras virá presentando os seus temas máis recentes e outros máis emblemáticos do seu extenso e rico repertorio. Non a perdan!
Sábado 9 de agosto: DesOrdes Sonoras!
Entrada gratis!































