Create Your First Project
Start adding your projects to your portfolio. Click on "Manage Projects" to get started
IVÁN FLORO (VAN VUÚ)
Enlace
Sin título
📍Situación: As Casillas 27, Ordes.
O mural de Iván forma parte dunha serie de pinturas en torno á súa práctica e paixón polo mundo do motocross. O artista catalán xoga coas dinámicas deste deporte para expresar veladamente certos simbolismos vitais e situacións emocionais comúns.
O resbalón, caída, estancamento ou saída do fango preséntase peliagudo nesta dificil carreira. Desembarrarse e limpar corpo e alma supón concentración, esforzo, disciplina e dedicación. Como a que supuxo a ardua tarefa desta pintura, na que a investigación pictórica para acadar a expresividade xestual e cromática correctas foron complexas.
Pero a meta final está acadada con creces nesta impresionista imaxe, situada ao seu paso por As Casillas 27, un lugar nun ambiente moi rural pero urbanizado á beira da estrada N-550.
Onde motivo e composición axústanse ao entorno como guante de piloto manchado de lama ou dedos de muralista enzoufados en pintura.
.
+ info:
https://www.instagram.com/van_vuu/







































