top of page

Create Your First Project

Start adding your projects to your portfolio. Click on "Manage Projects" to get started

KITSUNE (Bélxica)

'Pensamentos como paxaros'
📍: Rúa Victor González Faya s/n, Ordes.

Según as propias palabras da nosa compañeira Jolien:
“Os nosos pensamentos e tensións son como paxaros. Non podemos evitar que nos sobrevoen, pero si podemos evitar que aniñen na nosa mente. É mellor observalos e deixalos estar que tentar aferrármonos a eles.”
Un tema bastante relevante, xa que o pintei no medio dun profundo dó e emocións complexas. Moi agradecida a @desordescreativas pola invitación e por permitirme canalizar parte de toda esa emoción nalgo que amo”.
Estámosche moi agradecidas e orgullosos Jolien, pola túa valentía e determinación ante esa dificil situación. 💘
Foi un pracer poder compartir contigo estes días e axudar a focalizar esas emocións para que actuasen como terapia...
Desexámosche todo o mellor e sabemos que máis cedo que tarde os paxaros voarán do niño. Unha aperta enorme! 💚🙌✨✨✨

+ info:
https://www.kitsunejolene.com/

©2035 by Urban Nomad Adventures. Powered and secured by Wix

bottom of page