top of page

Create Your First Project

Start adding your projects to your portfolio. Click on "Manage Projects" to get started

LIDIA CAO

Enlace

'Tocar papel'

A artista ordense voltou ao instituto onde estudou de cativa para redefinir ese antigo espazo da súa adolescencia que tantas horas compartíu e que agora se atoparán as novas xeracións cando cheguen a clase cada día.
Neste novo mural, Lidia fálanos desta realidade actual na que inevitablemente estamos rodeados de pantallas a cada intre e por todas partes. Esa na que ata no eido da educación se sitúan como un problema grave que se tenta reducir o seu uso voltando aos métodos educativos tradicionais, ousexa: os libros. Si, eses anticuados obxectos construídos a base de páxinas de papel.
Cando lemos ou ollamos un libro, obtemos infinitas posibilidades de xerar novos mundos interiores na nosa imaxinación e crecer como persoas a distintos niveis de coñecemento.
Este mural é unha metáfora visual sobre isto, na que a protagonista se mergulla nese submundo de papel do que brota unha nova vida e sae reconvertida en paxaro, unha nova realidade como símbolo da liberdade e as capacidades que nos aporta o coñecemento.
.
+info LIDIA CAO:
https://www.instagram.com/lidia.cao/

©2035 by Urban Nomad Adventures. Powered and secured by Wix

bottom of page