Create Your First Project
Start adding your projects to your portfolio. Click on "Manage Projects" to get started
MARTA LAPEÑA
Sin título
📍 Antiga Escola Unitaria de Merelle.
Marta Lapeña gosta de rachar as fronteiras entre o íntimo e o público, levando ao espazo urbano esceas que habitualmente pertencen ao interior dos fogares. Ela consegue transformar o muro nun lugar de reflexión ou recordo, onde o cotiá adquire novas capas de significado e unha nova dimensión de emocións a través dos obxectos máis mundanos.
O xarrón que tanto quería a túa avoa Maruxa colocado estratéxicamente na mesa do comedor daquela humilde pero bonita casa; agasallo da túa tía Estrella cando voltou da emigración en Barcelona e que facía un xogo perfecto cos froitos daquel limoeiro que con tanto esmero coidaba e resgardaba do inverno o xa finado avó Xulio.
Este mural convirte ese espazo público común nunha superficie onde a memoria se comparte, mutando nun convite a lembrar, a sentir e a recoñecérmonos mutuamente no máis cotiá a través da súa sensible mirada.
O dominio da luz natural e o uso dunha cor limpa e saturada encaixan cromáticamente á perfección nun contexto natural que fai destacar se cabe máis a súa pincelada solta e expresiva.
+info:
https://martalap.com/



































