Create Your First Project
Start adding your projects to your portfolio. Click on "Manage Projects" to get started
LUME DO LOOP
LUME DO LOOP
📍Estarán actuando no DESORDES SONORAS o sábado 8 de agosto.
Entrada de balde / Parque da Constitución /
Lumedoloop é un trío de hip hop nacido en Compostela formado por Jamas, Møu e DJ Mil, tres referentes da cultura hip hop en Galicia cunha traxectoria de máis de dúas décadas. O proxecto reúne a experiencia de dous membros fundadores de Dios Ke Te Crew coa mestría de DJ Mil nos pratos, dando lugar a unha proposta que combina rap, produción e scratches cunha identidade propia.
O nome Lumedoloop sintetiza a esencia do grupo: o lume como impulso creativo e forza transformadora, e o loop como símbolo do ciclo constante de aprendizaxe, resistencia e evolución que define a cultura hip hop.
En 2026 presentan o seu primeiro traballo discográfico, (Re)existencia, un álbum conceptual que reflexiona sobre a identidade, a resistencia e a capacidade de reinventarse. A través das súas cancións reivindican a creación artística como ferramenta de pensamento crítico, transformación social e celebración colectiva, consolidando unha proposta que conecta a tradición do hip hop galego cunha mirada contemporánea.
+ info:
https://linktr.ee/lumedoloop




