top of page

Create Your First Project

Start adding your projects to your portfolio. Click on "Manage Projects" to get started

OBRADOIRO DE FANZINES con A KEIKES

OBRADOIRO DE FANZINE "AS AVENTURAS DE KIKE"

Un fanzine é unha publicación temática feita por afeccionados baixo a filosofía da autoedición: autoxestión total, liberdade creativa e medios económicos. Caracterízanse por ter tiradas limitadas e un forte compoñente artesanal e experimental. Distribúense de forma local e é habitual que neles participe máis dunha autora.

Máis aló do creativo, os fanzines serviron historicamente como forma de protesta e contracultura, para evadir a censura ou ir máis aló das posibilidades editoriais tradicionais.

En xuño de 2023, a A.C. A Keikes publicou o primeiro número da revista A Keikes, centrado na cultura local ordense. Pero non é o primeiro da vila, precedéronlle o voceiro comarcal O Mês, a revista Foucellas, e seguramente moitos outros dos que non se garda rexistro máis alá do boca a boca e a memoria particular de cadaquen.

Neste taller explorarase o formato do fanzine a través da creación colectiva de "As aventuras de Kike", unha recompilación de debuxos, banda deseñada, textos, fotografía e todo o que discurramos co queique como protagonista, empregando multitude de materiais a disposición. Facendo fanzines facemos comunidade!

Día: Martes 4 de agosto
📍 Lugar: Parque da Constitución / De 13:00 en adiante

ACTIVIDADE GRATUÍTA // CON LÍMITE DE PRAZAS

INSCRÍBETE XA AQUÍ:
https://forms.gle/J6gDkwtmux7WkTB1A


©2025 DesOrdes Creativas.  

bottom of page