Create Your First Project
Start adding your projects to your portfolio. Click on "Manage Projects" to get started
Isaac Cordal (Pontevedra / Galiza)
ISAAC CORDAL (Pontevedra / Galiza)
📍Estará intervindo en ???? (Distintas localizacións por todo o pobo)
ISAAC CORDAL (Pontevedra)
Isaac Cordal (Pontevedra, 1974) é unha das voces máis singulares da arte urbana contemporánea galega e unha das figuras máis relevantes da escea internacional. A través da escultura, a instalación e a fotografía constrúe relatos que convidan a deterse e observar con outros ollos a realidade que habitamos. Despois de moitos anos residindo en Bruxelas e participando en numerosos eventos de arte urbana e proxectos expositivos de diferente índole ao redor do mundo, na actualidade reside e traballa en Bilbao.
O seu proxecto máis recoñecido, Cement Eclipses, leva desde 2006 ocupando discretamente cidades de todo o globo con pequenas figuras humanas que aparecen integradas na arquitectura e na paisaxe urbana. Estas intervencións, ao tempo sutís e contundentes, converten o espazo público nun escenario para reflexionar sobre a sociedade contemporánea, o paso do tempo, a fraxilidade da condición humana e as contradicións do mundo actual.
En DesOrdes Creativas, onde compartimos esa maneira de entender a arte como unha ferramenta capaz de transformar a mirada sobre o propio territorio. A presenza de Isaac Cordal por segunda vez nesta 19ª edición (participou no 2013 na súa 6ª ed.) suporá a oportunidade de redescubrir unha obra que non busca impoñerse ao espazo, senón dialogar con él dende o contrapunto da escala máis diminuta, convidando a quen se atopa coas súas pequenas esculturas a facer unha pausa e mirar dúas veces ese curruncho anodino e espertar esa ansia exploratoria sobre un escenario hipercoñecido e esculcar esa realidade con outras gafas para descubrir onde se agocha a seguinte personaxe.
+ info:
https://cementeclipses.com/
















