EDICIÓN 2025: 18 anos de DesOrdes
Como en cada edición, os 6 artistas convidadxs estiveron intervindo en distintos puntos do casco urbano de Ordes. Aquí podes ver os resultados das súas obras e coñecer máis sobre todxs eles, así como ver o que sucedeu no resto de actividades e concertos.
Edición 2025:
18 anos de DesOrdes!
Do 1 ao 10 de Agosto, Ordes
(A Coruña)
DesOrdes Creativas é un festival de arte na rúa que se celebra cada ano en Ordes ( A Coruña - Galiza - Spain) e que reúne en cada edición a unha coidada selección de artistas do millor do panorama galego, estatal e internacional.
O Festival actúa como unha eficaz ferramenta de rexeneración urbana, pensamento crítico e diálogo social, que convirte vellos espazos en desuso ou abandoados en novos lugares cheos de vida e cor pra o desfrute colectivo,  e onde se xeran novas relacións de comunicación non publicitaria.  
Un grande museo público e gratuíto a ceo aberto.
Subscríbete para estar ao tanto de todas as novidades!

























